1) Resume nun decálogo os hábitos saudables que se mencionan nos apuntes de clase.
- Ter unha dieta adecuada. Tamén é recomendable unha inxesta abundante de auga.
- Hixiene escrupulosa para evitar enfermidades infecciosas dos aparellos dixestivo, respiratorio e urinario.
- Levar unha vida activa, facendo exercicio físico.
- Non fumar e limitar a inxesta de alcol e estimulantes.
- Evitar a exposición ás infeccións e á tensión.
- Control periódico da saúde.
- Evitar situacións de risco de lesión medular ou cerebral.
- Evitar o consumo de drogas.
- Reducir as situacións de tensións no traballo ou na familia.
- Hixiene persoal: lavarse a zona xenital con frecuencia, especialmente as mulleres e durante a menstruación.
2) Explica moi brevemente en que consisten as seguintes especialidades cirúrxicas:
- Cirurxía plástica: é unha especialidade cirúrxica que se ocupa da corrección de todo proceso conxénito, adquirido, tumoral ou simplemente involutivo, que requira reparación ou reposición, ou que afecte á forma e/ou función corporal. A Cirurxía Plástica Reparadora procura restaurar ou mellorar a función e o aspecto físico nas lesións causadas por accidentes e queimaduras, en enfermidades e tumores da pel e tecidos de sostén e en anomalías congénitas, principalmente de face, mans e xenitais. A Cirurxía Plástica Estética, en cambio, trata con pacientes en xeral sans e o seu obxecto é a corrección de alteracións da norma estética coa finalidade de obter unha maior harmonía facial e corporal ou das secuelas producidas polo envellecemento.
- Neurocirurxía: é a especialidade médica que estuda as enfermidades que afectan o sistema nervioso que requiren ou poden requirir un tratamento cirúrxico nalgún momento da súa evolución.
- Cirurxía pediátrica: é a especialidade que ten como fundamento a aplicación do saber e quefacer médico-cirúrxico no período da vida humana que se estende desde a concepción até o fin da adolescencia.
- Cirurxía intrauterina: é unha operación cirúrxica que se realiza ao feto mentres aínda está dentro do útero da súa nai.
- Colonoscopia:exame no que se visualiza o interior do colon e o recto, mediante un instrumento chamado colonoscopio. O colonoscopio ten unha pequena cámara fixada a unha sonda flexible que pode alcanzar toda a lonxitude do colon.
- Cirurxía maxilofacial: é a especialidade médico-cirúrxica que se centra no estudo, diagnóstico, tratamento e rehabilitación das enfermidades conxénitas ou adquiridas da cavidade oral, o esqueleto facial e as estruturas cervicais relacionadas.
- Cirurxía vascular: é a especialidade cirúrxica se ocupa do estudo, prevención, diagnóstico e tratamento da patoloxía vascular, é dicir, as enfermidades do sistema arterial, venoso e linfático.
- Gastroscopia: é unha exploración que permite a visualización directa da parte alta do tubo dixestivo , utilizando un tubo flexible delgado. Tamén ten un importante aspecto terapéutico. A través da canle do endoscopio, podemos pasar gran variedade de instrumental, que permite actuar sobre diversas lesións: dilatación de zonas estenótica, extirpación de pólipos, extracción de corpos estraños, tratamento de focos de hemorraxia...
3) O mapa mostra a esperanza de vida ao nacer dos habitantes de distintos
países do planeta. A gráfica, por outra banda, indica a evolución deste
parámetro en España.
Maior: Canadá, Francia e Suecia
Menor: Angola, Zambia e Zimbawe
b) Globalmente, a esperanza de vida ao nacer aumentou bastante durante
o século XX. Interpreta a desigual distribución deste aumento que se pode
apreciar neste mapa.
A brecha de saúde que existe entre países está asociada a dous grupos:
- Diferenzas na exposición a riscos da saúde resultado de desigualdades nos determinantes sociais da saúde e do comportamento e estilo de vida, incluíndo exposición ao tabaco, alcol, dietas pouco sas, alta presión arterial, risco de cancro cervical, condicións que favorecen accidentes de estrada, traballos estresantes ou perigosos e contaminación do aire.
- Diferenzas na accesibilidade e calidade dos servizos de saúde. Normalmente os países con menos desenvolvemento económico presentan servizos de saúde deficientes ou innaccesibles para a poboación.
c) Explica as razóns específicas da baixa esperanza de vida dos seguintes
paises: Afganistan e Sudáfrica.
d) Realiza a búsqueda en Internet de: “esperanza de vida ao nacer banco
mundial” e consulta os datos por países que aparecen alí. Por que paises do
sur de África como Zambia, Zimbawe e Swazilandia reduciron a súa
esperanza de vida nos anos 90 do século pasado?
A causa: a sida, que infecta a máis do 20% dos adultos nos países do cono sur
africano. Os que se libren da infección tampouco o terán fácil: a epidemia deu
marcha atrás ao desenvolvemento económico e social alcanzado.
e) Escribe os datos da EV mundial en 1970, 1980, 1990, 2000 e 2010.
Por causas biolóxicas e por causas sociais: O estilo de vida e carga de
traballo supón que os homes sexan máis propensos, tradicionalmente, a
sufrir accidentes laborais, de tráfico ou enfermidades cardiovasculares
por razón de tensión e malos hábitos de alimentación.
g) Por que en España reduciuse a EV masculina durante os anos 30 do
século XX?
A mortalidade producida entre a poboación masculina durante a Guerra Civil española.
4) Tendo en conta o
gráfico e a táboa, responde as
cuestións seguintes:
a) Fai unha breve descrición
das 5 primeiras causas de
defunción.
1. A cardiopatía isquémica ou
enfermidade coronaria
2. Un accidente cerebrovascular
3. A infección respiratoria
4. A enfermidade pulmonar sibilancies crónica
5. O cancro
b) Razoa cales crees que
están en ascenso e cales en
descenso.
En ascenso: cardiopatía, accidente
cerebrovascular, EPOC e cancro.
En descenso: infeccións vías
respiratorias.
c) Indica as razóns da existencia destas diferenzas.
Nos países en desenvolvemento debido as condicións hixiénico-sanitarias as
enfermidades infecciosas son a causa mais importante de morte, tamén
explica este causa a diferenza respecto a países mais desenvolvidos na
mortalidade materno-infantil. Pola contra os hábitos de vida disparan como
causa de morta mais importante as enfermedades cardiovasculares e o
cancro, nestes países.
d) Propón actuacións que se deberían levar a cabo en cada un destes dous
casos para mellorar a esperanza de vida.
Mellora das as condicións hixiénico-sanitarias. 10)Non calquera antibiótico é útil para eliminar a calquera tipo de bacteria. Para cerciorarse de cal é o antibiótico máis adecuada en cada caso realízase un antibiograma. Esta consiste en sementar a bacteria nunha placa de cultivo e colocar sobre o cultivo discos de pap el de filtro impregnados con diferentes antibióticos. Así se pode determinar cal deles é máis eficaz.
a) Razoa que antibiótico é o máis adecuado para o tratamento desta infección.
O antibiótico máis eficaz é o A4 xa que limita o crecemento das bacterias.
b) Deduce o que pasaría se o tratamento faise cun antibiótico diferente. O resultado sería máis lento e incluso co algún dos outros non habería unha resposta efi caz e a infección persistiría.
c) Que efecto produciría un antibiótico se a enfermidade non estivese ocasionada por unha bacteria? Ningún, os antibiótico son solo válidos para infeccións bacterianas.
d) Como se poden evitar as resistencias aos antibiótico.
Seguindo a pauta e utilizandolos de forma rigurosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario