1.A SAÚDE E ENFERMIDADE
A saúde é o benestar físico, psiquico e social. E a enfermidade é a falta de benestar físico, mental e social.
Factores que determinan a saúde:
·Endóxenos: xenes, idade... pertencen ao corpo dun individuo.
·Esóxenos: alimentación, hixiene, hábitos de vida, sistema sanitario.
A esperanza de vida varia segundo número de anos de vida estadisticamente.
2.PREVENCIÓN
A prevención é o conxunto de medidas que evitan a falta de saúde.
Utilizanse medidas hixienicas para a prevención:
·Individuais: o aseo persoal
·Colectivas:
1)Tratamento da auga, realízase o proceso de potabilizació na ETAP.
2)O tratamento de alimentos:
- Conservación: as técnicas que permiten manter en bo estado os alimentos.
- Control sanitario: analise dos alimentos.
- Etiquetas: permite o coñecemento por parte do consumidor.
- Manipulación de alimentos.
3.HÁBITOS SAUDABLES
Son aquelas conductas asumidas como propias na vida cotidia.
Hábitos saudables na nutrción:
- Seguir un ha dieta equilibrada.
- Ter unha hixiene alimentaria
- Levar unha vida activ (facer exercicio)
- Non consumir drogas.
- Manter un control periódico da saúde, para non ter unha infección.
- Seguir unha dieta adecuada.
- Facer exercicio tanto físico como mental.
- Levar unha vida adecuada, descanso.
- Evitar as situacións de risgo.
- Evitar o consumo de drogas.
- Coidar as relacións cos demais.
- Non facer un diagnóstico precoz.
Hábitos saudables en relación ao aparello locomotor:
- Ter un peso adecuado.
- Facer exercicio fiísico.
- Previr as caidas.
- Levar unha dieta adecuada.
- Non cargar peso nas costas.
- Hábitos de postura adecuados.
- Hixiene persoal.
- Revisións periódicas co xinecólogo ou urólogo.
- Precaución con efermidades infeciosas e cos embarazos non deseados.
- Ter hábitos xerais.
- Hábitos psisociais.
4. O SISTEMA INMUNOLÓXICO
O noso corpo desenvolve unha serie de
mecanismos que evitan a súa entrada e proliferación. Estes mecanismos agrúpanse en
barreiras (impiden a entrada ao organismo de microorganismos patóxenos ou sustancias
estrañas) e defensas (evitan a proliferación dos patóxenos, así como a súa eliminación, unha vez que conseguiron
superar as barreiras internas ou externas a través de feridas).
A resposta inmune, ademais de especificidade, presenta memoria e tolerancia.
5. O DIAGNÓSTICO
É o procedemento polo cal se identifica a enfermidade que afecta a un paciente.
Especialmente útil cando é precoz. Divídese en fases:
- Entrevista clínica, para solicitar datos persoais e familiares, e recoller os síntomas .
- Exploración física: recoñecemento xeral do estado físico do paciente que confirmen ou descarten os posibles diagnósticos que indiquen o interrogatorio. Consta das seguintes técnicas:
- Inspección anatómica.
- Palpación ou exame do doente mediante o tacto para detectar dor, masas de tecido, temperatura, tono muscular ou movemento
- Auscultación ou exame do doente mediante o oído. Hai unha serie de sons que poden indicar unha determinada enfermidade.
- Medición de parámetros como a temperatura corporal , a frecuencia cardíaca e a presión arterial.
- Exploracións complementarias. Poden ser as seguintes:
- Probas de laboratorio, nas que se analizan mostras de sangue , ouriños ou tecidos corporais, ou cultivos de patóxenos microscópicos. A obtención de valores anormais pode levar a solicitar novas probas diagnósticas.
- As probas endoscópicas permiten observar o interior do organismo mediante a introdución a través dunha pequena incisión, consistente nunha sonda flexible cunha pequena cámara e unha luz no seu extremo.
- Anatomía patolóxica.
- Rexistro da actividade eléctrica.
- As técnicas de diagnóstico por imaxe permiten aos médicos obter imaxes de órganos internos do corpo para buscar indicios sobre unha condición médica. Radiografías con raios X, tomografías computarizadas, ecografías, imaxes por resonancia magnética, TAC e estudos de medicina nuclear (gammagrafía, PET, SPECT).
- Probas xenéticas, consistentes na análise da información xenética do paciente, tanto a nivel citoxenético (número e forma de cromosomas) como a nivel molecular.
- No test de esforzo obtéñense os valores de parámetros como o pulso e a tensión arterial do paciente mentres se lle somete a un esforzo físico. Realízase en deportistas de competición ou en pacientes con algunha enfermidade cardíaca ou algún factor de risco.
6 TRATAMENTO
QUIMIOTERAPIA
Consiste na administración de medicamentos, que son produtos con sustancias químicas
que alivian, preveñen ou axudan a diagnosticar unha enfermidade.
O principio activo ou fármaco, que é a sustancia química coas
propiedades que permiten curar. Esta acción débese á capacidade de unirse a
receptores presentes nalgunhas células, o que permite interactuar coas súas
funcións. O excipiente ou conxunto de sustancias inertes que facilitan a administración do
medicamento polo seu sabor ou pola súa estabilidade.
CIRUXIA
Coñecese como ciruxia a unha operación mecánica do sistema anatómico con finalidades medicinales.
Poden ser realizadas de urxencia (cando teñen que ser inmediatas) ou poden ser programadas.
Anestesia: administración dun fármaco para eliminar a dor durante a
intervención cirúrxica. Poder ser locais, rexionais e totales.
Tratamento postoperatorio: serie de coidados que buscan a reanimación e a
recuperación do paciente tras a operación. Pode requirir un ingreso hospitalario ou non.
Procedementos cirúrxicos:
- Angioplastia: permite ensanchar arterias que se estreitaron mediante un
catéter cun pequeno globo na súa punta.
- Robótica: a través de robots que axudan ao cirurxián a realizar labores de precisión.
Tratamento do cancro
Como cancro denomínase a un grupo numeroso de enfermidades caracterizados polo desenvolvemento de células anormais. . Para o tratamento dos cancros recórrese a varias técnicas que son as seguintes:
- Quimioterapia: uso de sustancias químicas de acción citotóxica para destruír as células malignas, de elevada capacidade de proliferación.
- Radioterapia: aplicación a nivel local de radiacións como raios X ou as producidas por
isótopos radioactivos para destruír células cancerosas e reducir o tamaño dos tumores.
Defínese transplante como a substitución de células,
tecidos ou órganos dunha persoa enferma polos dunha persoa sa viva ou morta.
Autotrasplante, isotrasplante, alotrasplante é xenotrasplante.
O medicamento rexenerativa pode adquirir un
definitivo impulso no momento en que se poida
controlar o proceso de diferenciación de células nai
do propio paciente en tecidos ou órganos que non xeren
rexeitamento e que poidan reparar zonas danadas de
tecidos sen capacidade natural de rexeneración
como o nervioso e o miocardio.
7 REPRODUCIÓN ASISTIDA
Proceso de reprodución que non se pode producir de forma natural, recórrese a un
conxunto de técnicas que facilitan ou mesmo substitúen este proceso e que se coñece co nome
de reprodución asistida.
- Inseminación artificial: consiste a introdución do seme no
útero da muller.
8 AS MEDICINAS NATURAIS E ALTERNATIVAS
- Homeopatía: consiste no uso duns remedios preparados en disolucións de concentracións decrecientes, baseada na suposta memoria da auga.
- Naturopatía: utiliza preparados a partir de plantas, suplementos nutricionais e a práctica
de exercicios e masaxes.
- Acupuntura: medicamento tradicional chinesa consistente na inserción de finas agullas en
distintos puntos do corpo para tratar a dor ou os síntomas de distintas patoloxías.
- Quiropráctica: é a terapia manual exercida sobre o aparello locomotor, especialmente a
columna vertebral e outras articulacións, co fin de reestablecer un hipotético fluxo de enerxía.
- Reflexoterapia: esta práctica tenta curar doenzas nalgúns órganos ou partes do corpo
mediante mensaxes e dactilopuntura. Nalgúns casos, as masaxes
realízanse en distintas zonas das plantas dos pés, baseándose na crenza de que cada parte do corpo
ten unha zona reflicte nun punto do pé.
- Terapias holísticas: consideran que o sr humano é resultado da complexa interacción entre
corpo, mente e espírito. Propoñen restablecer o equilibrio entre estes compoñentes mediante
meditación, aromaterapia, hipnose ou relaxación.
9 INVESTIGACIÓN FARMACEUTICA
Etapas:
- Fase química ou de descubrimento: nesta etapa realízase a procura de sustancias químicas e biolóxicas que se poidan unir aos marcadores dunha enfermidade específica e teñan efectos terapéuticos.
- . Ensaio preclínico: a partir das sustancias seleccionadas , realízanse unha serie de estudos no laboratorio como o efecto que produce cada unha delas sobre células en cultivo ou en vivo , a análise toxicolóxica sobre o organismo humano e a investigación sobre a forma de preparación óptima do medicamento para a súa administración clínica.
- Ensaio clínico: realízanse sobre persoas voluntarias co fin de avaliar os efectos terapéuticos e os efectos secundarios das sustancias seleccionadas.
- Comercialización: unha vez creado, desenvolvido e aprobado o medicamento, as compañías farmacéuticas gozan dun dereito de explotación exclusiva concedida polo estado que se denomina patente e que adoita durar entre 10 e 20 anos.
10 O SISTEMA SANITARIO
O sistema sanitario é a forma mediante a cal un país organiza e financia a protección da saúde
a través da prevención e a prestación dos servizos médicos aos seus cidadáns. É un axente
determinante na saúde pública, xunto co estilo de vida e os factores biolóxicos ou ambientais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario