Que é a clonación?
Comezaremos establecendo o significado do termo clonación. A palabra clonación procede do grego, o seu significado etimológico é “fillo” ou “rama” e fai referencia a todos aqueles procesos cuxo fin último é a obtención, de maneira asexual (é dicir, sen intervención de sexo), de copias xeneticamente idénticas dunha entidade biolóxica, que pode ser, desde unha célula, ata un organismo completo.
A clonación parte de tres conceptos principais:
1º)O proceso de clonación parte dun organismo desenvolvido xa que se busca facer unha copia exacta dese organismo.
2º)Dita copia obtense mediante unha forma non sexual, xa que esta non permite realizar copias idénticas pola diversidade da natureza.
3º)O que primeiro se clona son as células, e o que se necesita é a secuencia de ADN do organismo.
Primeira clonación
O día 5 de Julio do ano 1996 nacía en Edimburgo a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Desde aquel 5 de Julio transcorreron 23 anos e a día de hoxe a clonación, concretamente una das súas variantes, a clonación terapéutica, preséntase como un proceso que podería ter innumerables beneficios para a saúde humana.
Algúns dos fins da clonación son:
1º)Nos animais, mellorar a fertilidade das especies e investigación.
2º)Investigación de enfermidades para conseguir posibles curas.
3º)Mellorar a produción de medicamentos.
4º)Realizar transplantes de órganos.
Tipos de clonacións
+O tipo de clonación máis utilizado na actualidade é a clonación xenética. A clonación xenética consiste en inserir o fragmento de ADN de interese nun vector (bacteria, virus, plásmido) e inducir a súa multiplicación para obter o número de copias ou de clons desexado. Este tipo de clonación é utilizado habitualmente co obxectivo de obter moitas copias de xenes que se desexa estudar.
+A clonación reprodutiva, que ten como obxectivo principal a obtención dun individuo idéntico completo, e a clonación terapéutica, que ten como fin último a obtención de células nai pluripotentes para uso terapéutico, son os outros dous tipos de clonación que existen na actualidade. Na clonación reprodutiva, os investigadores extraen o núcleo dunha célula somática madura do animal que se desexa clonar. Posteriormente, leva a cabo a transferencia do núcleo mediante a técnica TNCS explicada anteriormente. Unha vez efectuada a transferencia, déixase que a célula se divida e finalmente obtense un embrión que se implanta o ventre dunha femia adulta, a cal, tras o desenvolvemento do organismo dará a luz a un individuo coa mesma composición xenética que o organismo doante da célula somática.
A pesar de que a clonación terapéutica e a clonación reprodutiva difiren en canto aos seus obxectivos, presentan certas similitudes entre si en canto ao uso de técnicas coas que leva a cabo o proceso. A técnica de clonación que se utiliza tanto a clonación reprodutiva como a terapéutica é a Transferencia Nuclear de Células Somáticas ( TNCS). Trátase dunha estratexia de laboratorio que consiste en tomar un ovocito enucleado, é dicir ao que previamente lle foi extraído o núcleo, e implantar un núcleo doante dunha célula somática.+Na clonación terapéutica, pola súa banda, o proceso consta de tres etapas, a primeira delas, consiste na enucleación ou extracción do núcleo da célula ( ovocito) que vai ser empregada como célula receptora. Unha vez obtívose o ovocito enucleado procédese á transferencia do núcleo de interese desde a célula doante. Posteriormente, prodúcese a activación do ovocito e a reprogramación da expresión génica celular. O resultado final é a obtención de células nai embrionarias capaces de dar lugar a células pluripotentes coa capacidade de xerar calquera tipo celular. O que, entre outras cousas permite xerar células co obxectivo de rexenerar e/ou substituír tecidos danados.
+Clonación celular. Como o mesmo nome dio, é o proceso polo cal se clonan as células, creándose cultivos das mesmas.
+Clonación molecular. Este tipo de clonación utilízase, principalmente, para levar a cabo todo tipo de experimentos.
+Clonación natural. É o tipo de reprodución no que só hai un proxenitor e a mesma é asexual. Dáse nos animais unicelulares e algunhas plantas. Esta clasificación inclúe aos xemelgos.
+Clonación terapéutica. O seu obxectivo é poder reproducir tecidos e órganos con fins médicos.
+Clonación reprodutiva. O seu fin é reproducir un ser humano igual a outro. Con todo, este procedemento, aínda que posible, é totalmente ilegal. O exemplo máis famoso disto foi a ovella Dolly.
+Clonación de especies. Polo xeral enfócanse á reprodución de animais xa extintos. Con todo, estes procedementos non tiveron moito éxito ata hoxe, posto que os recentemente nados morreron rapidamente. O principal conflito neste tipo de clonación é a conservación do ADN das especies, xa que non se conservaron adecuadamente.
É utilizada habitualmente?
Polo que respecta á clonación xenética, é utilizada habitualmente en moitos laboratorios e centros de investigación,
A clonación reprodutiva utilizouse só en casos puntuais. Con todo, non leva a cabo de maneira habitual e está totalmente restrinxido o seu uso con fins de clonación humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario