As redes sociais son estruturas formadas na internet por persoas ou organizacións que se conectan a partir de intereses ou valores comúns.
Os individuos non necesariamente téñense que coñecer antes de entrar en contacto a través dunha rede social, senón que poden facelo a través dela, e ese é un dos maiores beneficios das comunidades virtuais.
Neste sentido, as redes sociais xa contan con 4.620 millóns de usuarios en todo o mundo. O que equivale ao 58% da poboación mundial. Ademais, os usuarios tamén aseguran que pasan máis tempo nas redes sociais que o ano anterior. Deste xeito, emprégase unha media de 2 horas e 27 minutos ao día.
Utilizanse para:
Comunicar e compartir.
Manter ou establecer contacto.
Entreterse.
Vender/comprar.
Datos:
Principais redes sociais:
Facebook:
Rede creada no 2004 e con máis de 2 mil millóns de usuarios activos. Trátase dunha rede social gratuíta e que permite subir fotos, vídeos, publicacións ou transmitir en vivo.
Twitter
Twitter é unha rede social e un servizo de microblogging para a comunicación en tempo real utilizado por millóns de persoas e organizacións.
Instagram
Instagram serve para expresar mediante fotografías ou vídeos con múltiples opcións de edición e filtros os nosos momentos especiais e compartilos co resto os nosos followers.
YouTube
Unha rede de contido audiovisual na que os usuarios poden ver, compartir, comentar e publicar vídeos. Segundo cifras oficiais de Youtube calcúlase que o número de usuarios nesta rede rolda as mil millóns de persoas, quen consome mil millóns de horas de vídeos.Exemplo con video.
Snapchat
Snapchat é unha popular aplicación de mensaxería que permite aos usuarios intercambiar imaxes e vídeos.
Vantaxes: Son inmediatas. Son masivas. Acurtan distancias. As redes sociais permiten comunicarse con amigos, familiares e calquera usuario da rede sen importar a distancia xeográfica. Aumentan a visibilidade das marcas. Funcionan como unha canle de aprendizaxe, entretemento e información. Permiten compartir información. Brindan oportunidades laborais.
Desvantaxes:
O ciberacoso.
O grooming. É un dos maiores perigos dentro do ciberacoso.
As fake news.
O acceso indiscriminado a contidos sensibles.
O abuso no uso das redes sociais.
A viralización de información.