As primeiras teorías explican a orixe das rocas e foron influídas polo relato bíblico do diluvio universal:
Neptunismo: Abraham Werner; todas as rocas formanse por sedimentación.
Catastrofismo: Georges Cuvier; fórmanse por catastrofes.
En contraposición:
Plutonismo: James Hutton; as rocas se formaban por arrefriación do magma.
Uniformismo: Hutton e Lyell; as formas naturais que actuaron no pasado son as mesmas que actuan hoxe en dia.
Deriva continental: Alfred Wegener; explica o movemento dos continentes coma se fosen barcos flotando sobre o manto terrestre.
1.2-FORMACIÓN DO SISTEMA SOLAR É DA TERRA
A teoría da acreción explica a formación dos planetas a partir do gas e po cósmico.
A nebulosa de gas é po comeza a compactarse e a xirar.
O centro do disco contráese, cando a súa temperatura e suficiente elevada comenzan as reacións nucleares de fusión de hidróxeno.
Arredor do sol fórmase un disco protoplanetario.
Vanse agregando materiais formando planetesimais.
Arredor de cada planeta por gravidade vamse agreagando outros corpos, que formaran satélites.
Núcleo: materias máis densos (ferro e níquel)
Manto: menos densos (silicatos de ferro e aluminio)
Cortiza: os da superficie ao arrefriarse se solidificaron e se formou a cortiza.
1.3 EXTRUCTURA INTERNA DA TERRA
3.1 ONDAS SÍSMICAS
Se xeran debido á propagación das vibracións xeradas por un sismo.
Existen as ondas S e P, ambas poden atravesar distintas capas do interior terrestre, cando as ondas pasan dun medio a outro poden cambiar a súa velocidade; sendo as ondas P as máis veloces e as primeiras en chegar á superficie.
1.4 MODELO XEOQUÍMICO
4.1 CAPAS:
4.1.1 CORTIZA
É a capa máis externa, é solida e esta formada por silicatos de aluminio.
Hai dous tipos:
*Continental: máis grosa
*Oceánica: máis fina.
4.1.2 MANTO
Esta formado por silicatos de magnesio e ferro.
A parte superior do manto é sólida e á capa que a forma xunto coa cortiza denomínanselle LITOSFERA.
4.1.3 NÚCLEO
O núcleo está formado por ferro e níquel. Formado por: Núcleo externo (líquido) e núcleo interno (sólido). O campo terrestre denomínase magnetosfera.
1.5 MOVEMENTO DAS PLACAS
É unha capa formada pola cortiza e a parte superior do manto, está dividida en 7 placas que non son estáticas se non que están en movemento
1.6 BORDOS DE PLACA
1º) As dorsais oceánicas: zonas onde dúas placas sepáranse.
Chámanse bordos constrúctivos, porque se crea cortiza oceánica.
2º) Zonas de subdución: chocan co bordo de placas é unha
deslízase por debaixo de outra.
3º) Fallas transformantes: son bordos neutros porque non crean nin destruen litosfera.
1.7 FENÓMENOS XEOLÓXICOS
A tectónica de placas é unha teoría global xa que explica, non só o movemento das placas e deríva continental, senón tamén
os volcáns, terremotos, etc. Todos estes fenómenos están motivados pola mesma causa, a calor interna da Terra, que é o
motor que move as placas litosféricas.
1.8 SISMOS
Os sismos prodúcense nas zonas de subducción, dorsais oceánicas e fallas transformantes. Para medir a enerxía liberada úsanse dua escalas:
-ESCALA RICHTER: mide a intensidade en base á amplitude das ondas que miden os sismogramas. A magnitude dun terremoto na escala Richter pódese calcular
mediante un NOMOGRAMA
-ESCALA MSK: mide a intensidade, en base aos danos producidos. A intensidade depende da distancia ao epicentro.
1.9 VOLCÁNS
Os volcáns fórmanse cando o magma procedente do manto ascende cara á superficie a través de fisuras na cortiza. Pódense formar formar:
-Nos puntos quentes: En ocasións, unha pluma de magma pode alcanzar a superficie da litosfera, que pode
provocar a aparición dunha cadea de volcáns baixo o océano.
-Nas dorsais oceánicas: poden formarse volcáns de fisura polos que emerxe lava moi
fluída.
-Nas zonas de subdución: 1)A litosfera oceánica subduce baixo
outra placa oceánica, fórmanse volcáns que
orixinan arquipélagos en forma de arco. 2) Cando a placa oceánica subduce baixo a placa continental, os volcáns
fórmanse en cadeas montañosas.